Copy
ABERTO O PRAZO PARA PRESENTAR INCIATIVAS PARA O LIVING LAB DE OURENSE
A iniciativa está dirixida a empresas, empresarios individuais e organismos de investigación.
 
Xa está aberto o prazo para presentar iniciativas ao Living Lab de Ourense, da rede Rede de Living Labs de Saúde de Galicia. Empresas e entidades de investigación poden presentar as súas ideas de carácter innovador para avanzar na asistencia sanitaria en Galicia.
 
O trámite reanúdase logo do parón provocado pola crise da Covid-19 e as entidades poden presentar a súa proposta ata o vindeiro 1 de setembro.
 
A participación no Living Lab está aberta a iniciativas de carácter innovador, xa sexa produto ou servizo, en procesos e/ou no modelo de negocio tanto no sector sanitario ou biomédico como noutros sectores transversais, como alimentación, TIC, novos materiais, construción, electrónica e robótica. Os proxectos que se presenten deben ter capacidade de xerar resultados con aplicación na sociedade, con potencial comercial e de xerar retornos, aínda que sexa a longo prazo.
Máis información
REINÍCIANSE AS ROTACIÓNS DO PERSOAL DE FORMACIÓN SANITARIA ESPECIALIZADA
 
A ACIS LEVA FORMADOS MÁIS DE 14.000 PROFESIONAIS CO CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS BIOLÓXICOS 
O 1 de xuño reiniciáronse as rotacións tanto internas como externas do persoal de formación sanitaria especializada nos centros da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.

Máis información na Instrución conxunta 3/2020, da xerencia do Servizo Galego de Saúde e da Axencia do Coñecemento en Saúde.
Esta actividade formativa está incluída entre as recomendacións dirixidas aos profesionais dentro do Plan específico para a prevención de riscos ante a exposición laboral ao novo coronavirus (SARS- CoV-2) do Servizo Galego de Saúde. 

O curso está aberto e dispoñible na modalidade de autoformación durante os 365 días do ano na seguinte ligazón.
AVALIA-T E O SESCS RECOMPILAN ESTUDOS SOBRE O SARS-CoV-2 e a COVID-19
Semanalmente, Avalia-t, xunto co SESCS (Servizo de avaliación de Canarias), recompila os estudios sobre o SARS-CoV-2 e a COVID-19 publicados nuha selección de revistas.

Dende aquí poderás consultar a listaxe dos artigos científicos clasificados por temas (epidemioloxía, manejo clínico, fármacos…) e por tipo de estudo (revisións sistemáticas, ensaios clínicos…).

Pódese solicitar a compilación de resumos en formato folla de cálculo a través do correo [avalia-t@sergas.es].

Máis información
OS BIOBANCOS TIVERON QUE REPLANTEXAR A SISTEMÁTICA A EMPREGAR PARA A INCLUSIÓN DE MOSTRAS E A OBTENCIÓN DO CONSENTIMENTO INFORMADO

Os biobancos, ante esta situación de pandemia,  tiveron que replantexar a sistemática a empregar para a inclusión de mostras e a obtención do consentimento informado, ante  a enorme demanda de almacenamento urxente de mostras e a grande cantidade de proxectos de investigación sobre a COVID-19, que na súa grande maioría requiren para a súa realización de mostras de suxeitos infectados  ou que teñan pasado a infección COVID-19.

Galicia, foi a única comunidade autónoma que contemplou de forma específica a xestión do consentimento informado por parte dos biobancos galegos durante o período de emerxencia sanitaria a través da  Orde de 2 de abril de 2020 pola que se aproban medidas en materia de investigación sanitaria nos centros do Sistema público de saúde de Galicia durante o período que dure a emerxencia sanitaria pola COVID-19 (),  tal como se recolle no Informe de 'Gestión por los biobancos de la RNBB de la obtención de los consentimientos informados ante la pandemia para investigación sobre el SARS-CoV-2 y la enfermedad COVID-19' da Rede Nacional de Biobancos.
ESTREAMOS PÁXINA WEB!
Un espazo de información práctica e actualizada sobre a axencia e os seus eidos de actuación: investigación, innovación, avaliación de tecnoloxías, formación e docencia. Un espazo para estar ao día de toda a actualidade de coñecemento en saúde.
 
Máis información
Twitter
LinkedIn
Facebook
YouTube
acis@sergas.es
www.acis.sergas.es

Avda. Fernando de Casas
Novoa, nº37. Edificio CNL. 
Portal A-B 1º andar 15707
Santiago de Compostela

Aviso legal






This email was sent to <<Email Address>>
why did I get this?    unsubscribe from this list    update subscription preferences
Axencia de Coñecemento en Saúde · Edificio CNL, Av. de Fernando de Casas Novoa, 37, Portal A-B. 1º andar. · Santiago de Compostela, Galicia 15707 · Spain

Email Marketing Powered by Mailchimp